OmegaT ten un grupo de usuarios multilingüe moi activo e colaborador ao cal lle recomendamos unirse que pode atopar aquí. O grupo de usuarios ademais é o maior punto de contacto entre os usuarios e o equipo do proxecto.
OmegaT tamén ten as seguintes listas de correo e rastrexadores, que están hospedados en SourceForge:
OmTdev | A lista de desenvolvedores de OmegaT. Esta lista está enfocada á discusión técnica de características e do desenvolvemento, e está dirixida aos desenvolvedores de OmegaT e outros grupos interesados. |
OmT-l10n | Esta lista de correo é para os localizadores de OmegaT. |
Os problemas, as peticións de características e as cuestións sobre a documentación son manexados en Sourceforge polos seguintes sistemas de seguimento. Por favor, non use estes sistemas de seguimento sen antes ter tratado a cuestión no grupo de usuarios ou nas listas de correo.
Sistema de seguimento de problemas |
Sistema de seguimento de solicitudes de características |
Sistema de seguimento de documentación |
Para calquera cuestión administrativa póñase en contacto co coordinador do proxecto OmegaT.